Thursday 25 de April de 2024

A Xunta renovou a carpintería metálica exterior da residencia de maiores de Carballo para mellorar o illamento térmico


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o resultado destas actuacións, que contaron cun orzamento de máis de 70.000 euros procedentes do superávit de 2018
A Consellería de Política Social vén de finalizar as obras para a mellora do illamento térmico da planta baixa e do soto da residencia de maiores de Carballo. O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta actuación, que contou cun orzamento por contrata de 72.660 euros procedentes do superávit da Comunidade Autónoma de 2018.

O proxecto contemplou a mellora da eficiencia enerxética do centro a través da substitución da carpintería de aluminio exterior, que contaba con cristais simples que tampouco se axustaban correctamente aos marcos, por outra máis modernas con vidros dobres e rotura de ponte térmico.

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, destacou que esta actuación permitirá “un incremento tanto do benestar dos usuarios do centro xa que terán menos humidades e unha temperatura máis confortable, como tamén unha mellora na xestión do edificio xa que este cambio permitirá un gasto menor no sistema de calefacción”.

A residencia pública de maiores en funcionamento dende o año 1986 con 26 prazas para persoas con autonomía, conta tamén cun centro sociocomunitario de maiores, que actúa como elemento dinamizador para as persoas maiores da zona que acoden para compartir actividades como xogos de mesa, ler prensa e ver la televisión, así como outras actividades máis dinámicas como cursos de informática, bailes ou manualidades.